A continuación, subimos as mostras da diferencia en cantidade de glóbulos brancos e vermellos en dous frotis sanguineos (tinguidos con panóptido rápido), na mostra 1 ( un frotis sa) e na mostra 3 (un frotis do que temos que hallar a alteración encontrada).
MOSTRA UN, X4.
MOSTRA 1, X10.
MOSTRA 1, X45.
MOSTRA 3, X4.
MOSTRA 3, X10
MOSTRA 3, X45.
Nestas mostras, rápidamente nos damos conta que na que está sa ( mostra 1) hai unha gran cantidade de glóbulos vermellos en comparación da mostra tres, o que nos podería , en un caso, dar indicios de hemorraxia, tamén podemos ver a diminución de glóbulos brancos de unha mostra a outra, o que tamén nos podería facer pensar que pode ter neutropenia ( diminución do número de neutrófilos en unha mostra de sangue) .
Hemorraxia devido a que o noso can, apareceu ferido en unha cuneta, sen saber o porque, tras unha desaparición de varios días
En estas mostras, como ben publicaremos despois, poderemos ver que o noso can, non so se atopa en un déficit dos tipos de glóbulos máis coñecidos, os brancos e vermellos, se non que tamén atopamos, unhas partículas descoñecidas, das que aínda non sabemos nen o máis mínimo.
Temos varias ideas na cabeza, entre elas, en pensar si podería ser un protozoo, unha bacteria, ou...
E velaquí tedes o noso individuo..
Despois de seguir investigando na nosa mostra, chegamos a conclusión de que soamente son artefactos. Nada que ver , ao fin e ao cabo,coa enfermidade de Pastor, o can da mostra non sa.
Como xa dixemos, seguimos investigando máis días e demonos conta, de que era tan sencillo como a hipotese que plantexamos anteriormente.
Pastor so ten neutropenia,un déficit de neutrófilos, que en este caso,probablemente veña dado por unha infección.Pode haber varios tipos de infeccións; vírias e bacterianas muy severas,ainda que, tamén pode ser anorexia ou pirexia.
Anorexia, podería ser, porque, levaba varios días desaparecido o que pode ser, que non se alimetara, e de este modo, aínda que non chegase ao punto de ter anorexia,podería ter principios.
Infección,porque despois de estar desaparecido, volveron a atopalo os seus donos, pero desta vez o can, tiña feridas, a vez que desgarramentos na pel e ensangrentado.
Se esas feridas, se infectaron poderia dar lugar a unha das infeccións anteriormente nomeadas.
Centrándonos na neutropenia, podemos achegar informaión da que sacamos a conclusión de que padece de esa enfermidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario