Atopámonos cun caso de alta mortandade de salmónidos nunha piscifactoría, e para proceder á investigación precisamos o análise da auga do tanque.
Ante á información que se nos achegou, realizamos a seguinte interpretación:
PRIMEIRA HIPÓTESE:
Debido a un temporal, os alevíns foron trasladados a outro tanque, pero baixo a nosa percepción, entendemos que a auga na que se atopaban estes salmóns estaba contaminada por unha certa cantidade de nitratos. Observamos que a oxidación de nitrito a nitrato en sistemas de auga recirculada non é tan rápida, causando acumulación de cantidades de nitrito potencialmente tóxicas, sendo a causa principal desta toxicidade a oxidación do ferro da hemoglobina sanguínea, formándose metahemoglobina, incapaz de unirse ao osíxeno e producindo hipoxia (diminución do osíxeno) e a morte destes salmónidos. Isto provoca un nado descordinado dos alevíns, cambio na pigmentación, a perda de apetito… que foron os síntomas que nos permitiron identificar a anomalía.
Unha das características da presenza desta metahemoglobina é a cor marrón que que se perciben nos vasos sanguíneos das branquias destes salmóns, como podemos atopar nas mostras que se nos achegaron:
x40
x40
Despois de máis observacións que realizamos, descartamos esta hipótese debido a que o que pensábamos que era o causante da morte destes alevíns (as manchas marróns) eran melanóforos.
Os melanóforos son células situadas no tecido conxuntivo caracterizada pola presenza de numerosos gránulos de melanina no citoplasma e xunto cos melanocitos forman o compoñente pigmentario do tecido conectivo.
Como podemos observar nas mostras que aparecen abaixo, as laminillas das branquias atópanse unidas unhas ás outras en certos puntos:
x40 x10 x4
A pesar de buscar enfermidades que podían ser as causantes disto, non obtivemos moitos resultados e unha posible causa puido ser a hiperplasia. Identíficase hiperplasia xeral das laminillas branquiales, a cal avanza desde o esqueleto da branquia hacia a porción distal das laminillas secundarias. Entre as laminillas identifícase un aumento de mucus, eritrocitos e unhas estruturas similares a ovas de fungos ou algas. Ocorreu metaplasia coa fusión das laminillas e perdeuse completamente a morfoloxía da branquia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario