Comezamos o noso caso, cuxo obxectivo é atopar a causa pola que a porquiña Matilda faleceu. Matilda foi unha dos tantos porquiños que morreron aos poucos meses de idade por causas descoñecidas, aínda que algúns dos síntomas manifestados foron diarrea e mordeduras no rabo, entre outros.
Ao realizar o análise do corpo do animal encontramos lesións pulmonares graves; os bronquios segregaban un líquido purulento e o estómago contaba cunha úlcera preto do cardias. Neste mesmo órgano e no intestino atopáronse diversas hemorraxias. Aquí comezamos coa nosa investigación!
1. OBSERVACIÓN DA MOSTRA
Estivemos observando a mostra e puidemos ver diversas cousas. Primeiro, vemos que está dividida en dúas metades, xa que podemos observar unha liña cortante que divide a mostra en dúas partes totalmente diferentes. Unha zona cremos que está formada por un órgano do aparato respiratorio, o pulmón, xa que podemos ver alvéolos pulmonares. Na outra parte vemos un tecido do aparato dixestivo, do estómago, concretamente do cardias.
Tamén puidemos observar unha mancha rosada. Cremos que se trata dunha úlcera estomacal.
Aquí vemos ambas partes da mostra por separado. Facemos unha comparación con tecidos de órganos sanos.
- Tecido pulmonar: nel, segundo nos cremos, podemos observar bronquios pulmonares.
Canto máis achegamos o microscopio, podemos ir observando os bronquiolos.
- Tecido estomacal: según a nosa hipótese, cremos que nos atopamos no cardias. Nas
mostras podemos ver unha especie de manchas violetas e rosáceas.
2. HIPÓTESES
- Hipótese 1: Estrés
Segundo a nosa primeira hipótese, a morte da porquiña pode estar relacionada co estrés sufrido a causa das obras que se estaban a realizar na granxa. Cremos que tamén se puido producir un desfase na rutina da granxa, é dicir, alterarse ou interromperse o patrón das comidas. Así como un cambio no hábitat dos porcos. Todo isto desencadearía o estrés dos porcos, o cal provocaría as mordidas no rabo e nas orellas entre os animais, enfermidade que se coñece como caudofaxia. Isto provocaría numerosas infeccións e abscesos que acabarían por causar a morte.
- Hipótese 2: Engorde intensivo
A segunda hipótese baséase na idea de que os porquiños sufriron un engorde intensivo, é dicir, que puideron ser cebados bruscamente. Todo isto acabaría por provocar numerosas úlceras gástricas, que sumadas a toda a sintomatoloxía observada, como as feces escuras, podería chegar a causar o falecemento dos animais.
- Hipótese 3: Oesophagostomiasis
A nosa terceira hipótese é que un verme nematodo parasito, coñecido baixo o nome de oesophagostomum, parasitou o intestino groso, formándose numerosos nódulos neste mesmo. Estas larvas perforarían a parede intestinal dando lugar a diarreas e os nódulos estouparían provocando numerosas infeccións, as cales causarían febre, perda de apetito e de peso, diarreas escuras, ... Estes mesmos síntomas son os mostrados no noso caso, polo tanto, cremos que esta enfermidade pode ser a causa da morte dos animais.
- Hipótese 4: Parasitismo pulmonar
Esta hipótese foi decisiva na nosa investigación. Trátase dunha infección adquirida polos porcos ao inxerir unha especie de miñocas (lombrigas de terra) que penetran no intestino do porco e que se transportan mediante vía linfática e sanguínea ata os pulmóns. O síntoma máis destacado desta infección é a tos, causada polos parasitos que se encontran en movemento nos condutos polos que circula o aire. Ademais, o parasito, durante a súa migración, xera danos ao atravesar os tecidos do intestino. Todo isto acabaría provocándolle a morte.
- Hipótese 5: Disentería porcina
A disentería porcina é unha enfermidade moi contaxiosa nos porcos, causada pola bacteria Brachyspira hyodysenteriae (Bh). Esta bacteria vive no intestino groso e dana o revestimento deste. Cremos que pode ser esta enfermidade debido a que os porcos infectados poden parecer deprimidos e con pérdida de apetito. Esta enfermidade tamén se caracteriza pola diarrea, que en casos graves, esta pode conter sangue e mucosidade. Esta patoloxía ten efectos como a baixa tasa de crecemento, que son algúns dos síntomas do noso caso.
Feito por: Laura A., Aitana B., Vanesa C., Noelia G.
Feito por: Laura A., Aitana B., Vanesa C., Noelia G.















